O 5 de Decembro fomos explorar a nosa contorna en Outono. A verdade é que o pasamos xenial!!! Aquí tedes a mostra!
sábado, 7 de diciembre de 2013
lunes, 25 de noviembre de 2013
SOMOS SENTIDOS
Xa temos logotipo propio
Cada unha das ramas representa cada un dos nosos sentidos, que serán o punto clave para coñecer a fondo a nosa paisaxe, a contorna e as súas caracterísitcas.
Na parte superior do blog tedes o nome dos 5 sentidos, se ides facendo clic en cada un deles veredes que iremos punlicando as diversas actividades que imos facendo traballando cada un dos sentidos; pouco a pouco iremos completando todas as seccións.
viernes, 22 de noviembre de 2013
PARA AS FAMILIAS
Necesitamos a vosa axuda para diferenciar as distintas paisaxes que hai en Cerceda... así é que nos gustaría que nos traiades unha foto na que se vexa o que se ve dende a vosa casa, dende a vosa fiestra.
Moitas gracias!
martes, 19 de noviembre de 2013
BENVIDA
Ola familias!
Somos as mestras de educación Infantil do CPI O Cruce que este ano decidimos levar a cabo O plan proxecto promovido pola Xunta de Galicia e dentro das posibilidades que nos ofrecían decidimos embarcarnos na aventura das paisaxes, para iso imos precisar a vosa axuda, xa que imos traballar a paisaxe de Cerceda.
Polo de agora presentamos o noso lema
"Somos Paisaxe Somos Sentidos".
Seguide atentos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)