miércoles, 31 de diciembre de 2014

BENVIDO 2015!!

Tan só quedan unhas horas para que empece un novo ano cheo de ilusión e queremos compartir con todos vos como nos preparamos no cole para comezar con forza o novo ano, e non foi nin mais nin menos dando as nosas propias badaladas.
Temos moitas cousas pendentes de ensinarvos que en breve veredes xa que aproveitamos o nadal para recopilar.
BO ANO NOVO!!

 
Sandra, Bea, Silvia Iglesias, Silvia Abrodos.

lunes, 1 de diciembre de 2014

ÁRBORE DA NATUREZA

Comezamos a abrir o noso buratiño para que vexades como estamos traballando a paisaxe. Comezamos coa natureza e poblando unha árbore. Dádelle ao play e desfrutade!


domingo, 16 de noviembre de 2014

BENVID@S!!

Por segundo ano consecutivo incorporámonos ao Plan proxecta promovido pola Consellería de Educación e as profes de infantil facémolo baixo o lema "Somos Paisaxe, somos Sentidos" e xa temos cousiñas para mostrarvos, que iremos poñendo pouco a pouco, pero o fundamental é que nos coñezades (xa que hai novas incorporacións tanto de peques como de algunha profe, aos que lles damos a benvida) e poidades ver en que se vai basear o noso traballo ao longo deste curso.
Desfrutade moito!!


miércoles, 29 de octubre de 2014

LAND ART EN 3 ANOS

Cliqueada no enlace (Ir)

martes, 14 de octubre de 2014

A TERRA COS 5 SENTIDOS

Os peques de 5 anos empezaron o proxecto da terra experimentando sobre ela!


viernes, 10 de octubre de 2014

A VENDIMIA

Ola a todos!
Aquí estamos os peques de 4 e 5 anos coas súas profes "Silvias" e como xa sabemos que nos encanta traballar a paisaxe e as suas costumes puxémonos a traballar e a Vendimiar, para deste xeito aprender que o que nos da a terra, tamén se pode transformar!
Vai bo mosto nos saíu!

jueves, 19 de junio de 2014

SOMOS PAISAXE DE VERÁN!!

Nunhas horas finalizan as clases por este curso, pero antes de que iso pase queríamos agradecer enormemente a colaboración de todas as familias que vos puxestes á nosa disposición para que os peques aproveitasen o proxecto do mellor xeito posible.
Desexámosvos que pasedes un bo verán!!


miércoles, 21 de mayo de 2014

SENTINDO, ULINDO...

A semana pasada estivemos experimentando coas flores e plantas olorosas,aprendemos moitos nomes, diferenciamos moitos olores, aínda que moitos asociaban o ulido a fresa, frambuesa, limón ou mesmo a gominola!!!!!
Gracias pola colaboración ás familias.


Mirade nas diferentes pestanas do blog que xa subimos cousiñas pendentes.

miércoles, 7 de mayo de 2014

O DURO INVERNO

A pesares de estar xa metidos de cheo na primavera, temos pendente publicar unha actividade feita ao remate do inverno para a cal pedimos a colaboración das familias.
Despois de que este inverno non nos dese tregua e experimentaramos de primeira man a choiva, o vento, o frío e pouco lle faltou para a neve, decidimos botar  imaxinación e ser actores e actrices baixo fenómenos atmosféricos pero cos nosos sorrisos. Á vez engalanámonos para o ocasión, mesmo fixemos neve con xabrón, intentamos protexernos da choiva cun bo paraugas e intentamos vencer ó vento como mellor puidemos. 

lunes, 10 de marzo de 2014

EXPERIMENTANDO CO XEO

Estivemos EXPERIMENTANDO...Que é o xeo? Como se forma? Estivemos pensando e ao final chegamos á conclusión de que o xeo fórmase cando as pingas de auga teñen tanto tanto tanto frío que se xuntan moito moito moito unhas cas outras formando un bloque moi ríxido chamado xeo...Cando teñen algo máis de calor vanse soltando das demais pingas entón volven a ser auga...Isto foi o que aprendemos co experimento ademais de que XEO...se escribe co X...xa que non se nos ocurría ningunha palabra que empezara pola X e tamén como facer XEO DIVERTIDO, é dicir, xeo de cores...Puff...moito tivemos que experimentar e pensar coa cabeciña
Na clase de 3 anos fixeron estas cores tan chamativas con témperas e na de 4 optaron por colorantes alimenticios e o resultado foi moi similar:
GUAUUUUUUUUUU! Xeo de Cores!!! INCRIBLE!!! Tocámolos, mirámolos, que bonitos nos pareceron....Clasificámolos en vasos segundo a súa cor. Cando os tocamos, a nosa man dáballe calor por iso xa empezaban a derreterse, mesmo probamos a poñelos debaixo do radiador a ver se se derretía antes...Deixámolos repousar ata o día seguinte.
PimpínExperimentoXeo2014 - foto montaje

domingo, 9 de febrero de 2014

MACEDONIA DE INVENRO

O xoves fixemos unha rica macedonia as tres clases de infantil! Mesturamos kiwi, pera, mazá, mandarina acompañado de zumo de laranxa e chorriños de limón; tamén quixemos diferenciar algunha froita doutra estación.
Tivemos unha merendola agradable chea de vitaminas e cousiñas que nos ofrece o entorno.
Gracias familias!

viernes, 31 de enero de 2014

MERENDA DE INVERNO


O próximo xoves día 6 de Febreiro imos facer macedonia con froitos de inverno ( os que teñen gran aporte de vitamina C para axudarnos a pelexar contra este frío). Para a cal pedimos a vosa colaboración; hoxe mandamos unha notiña na que poñíamos a froita que lle tocaba traer a cada un. Por favor traédea peleda e nun tuper, porque senón non damos feito!!
Moitas gracias a todas as familias!

DÍA DA PAZ

Ola a tod@s!! 
Últimamente non estamos publicando moito, pero si que estamos traballando, só que nos falta un poquiño de tempo para poder contárvolo todo, pero en breve haberá máis cousiñas!!
O día 30 conemmoramos o día da Paz e da Non violencia e atopamos un xeito de enmarcalo no noso proxecto "somos sentidos, somos paisaxe".Por clases buscamos palabras significativas para o día da paz que fomos pegando cada un na nosa pinguiña; cada pingüina caía sobre diferentes aspectos que forman a paisaxe.
A clase de 3 anos pegou pinguiña para estar un pouco máis cerca de acadar un bosque de paz.

Os de 4 anos pensaron nos ríos e nos mares e nos seres que habitan neles para acadar un mar de paz.
E os maiores de infantil, os de 5 agruparon toda a paisaxe para tentar por o seu grao de area a un mundo repleto de paz.

En breve poñeremos fotos dos protagonistas destas obras.