Os nosos libriños

CURSO 2014/2015
En lugar de facer libros en formato papel, decidimos dar o salto á gran pantalla e explicar o que aprendemos duns pequenos bechiños que nos acompañan pola terra de Cerceda, pero que están máis por debaixo dela que por encima.


CURSO 2013/2014
O inverno
 A partir da música de Vivaldi do inverno, deixámonos levar e debuxamos o que nos suxería empregando as cores do inverno. Como veredes os resultados son moi variados, dende os máis reflexivos que preferiron escoitar, ata os que a cada nota musical trazaban unha liña pasando polos que na súa imaxinación vían formas.

Logo probamos a deuxar unha paisaxe de inverno e veredes a auga representada polos nenos, a tormenta, o vento...

O seguinte libriño é unha recopilación de algunhas flores e plantas traídas polas familias, a través das clases experimentamos empregando os sentdos. Logo as profes fixemos esta recopilación para secalas e crear un herbario, pero isto leva un tempo, polo que o curso que ven seguro que as teremos listas para expoñer!!

Flores e plantas olorosas

Publish at Calameo or read more publications.

Chegada a primavera, repetimos a experiencia feita no inverno coa finalidade de poder ver a evolución artísitca dos nenos/as no estudo da paisaxe e ir vendo como van adquirindo e integrando os cambios que imos traballando sobre a paisaxe.
Tamén puxemos a música de Vivaldi da primavera para escoitar que nos suxire e poder así plasmalo nun papel xogando un poquiño coas emocións.

1 comentario:

  1. Traballaron tod@s moitisiiiimo e moi beeeen!!! Que artistaz@s son tod@s!!!

    ResponderEliminar