miércoles, 14 de octubre de 2015

2º PREMIO PLAN PROXECTA SUSTENTABILIDADE E PAISAXE

Hoxe mesmo, 14 de Outubro, acábanos de comunicar que polo proxecto que levamos a cabo o curso pasado, no que todas as familias se implicaron, somos os gañadores do 2º premio!! Estamos cheas de ilusión por este galardón ao igual que se puxeron os pequenos! Agradecer a todas as familias que nos axudaron e fixeron posible que este proxecto fora posible!
Aínda que na foto non aparecen todas as profes que levaron a cabo o proxecto, dende aquí darvos as grazas a todos e todas
Silvia Abrodos, Bea Estevez, Silvia Iglesias, Sandra Pazos e Eugenia F.


lunes, 15 de junio de 2015

CERCEDA NO MAPA

Gracias aos mapas que nos facilitaron dende o Plan Proxecta poidemos ubicarnos e buscar onde vivimos. Gracias!

martes, 17 de marzo de 2015

BUSCANDO NUBES

Para comezar a facer un rexistro sobre a hora de aparición das nubes, tivemos que sair ao patio e aos arredores do cole!

AS NUBES

A través da reflexión e da formulación de hipótese, comezaron os peques de 4 anos a traballar as nubes.


lunes, 2 de marzo de 2015

AS NUBES PÓDENSE ATRAVESAR!

Como aínda non temos pases VIP para poder chegar a ela, experimentamos cunha máquina de fume gracias á cal traballamos o tacto, a transparencia, o poder atresar, a dispersión..

lunes, 2 de febrero de 2015

TERRA/NUBE

Ao chegar o segundo trimestre, deixamos de lado un pouco a terra para centrarnos nas nubes, pero... como facíamos para pode sentir o que sería camiñar por elas?? Pois aproveitamos o papel de burbulla e sorpresa!

miércoles, 7 de enero de 2015

OUTONO EN EXPLOSIÓN

Os peques de 4 e 5 anos ( e tamén os de 3 que están algúns no video) sairón das aulas para empregar os 5 sentidos e percibir o que estaba pasando na paisaxe coa chegada do outono; a partir de aí fixeron actividades de clasificación e tranformación. Ademais como xa sabemos que estivemos nos meses propicios para a recollida do millo, aproveitamos para coñecer como se recolle, debulla e traballar conceptos lóxico matemáticos e tamén letriñas con eles.

EXPERIMENTANDO COA TERRA EN 3 ANOS

Antes de comezar as clases deixamosvos unha pequena mostra do que os máis pequenos do cole estiveron facendo coa terra, dende logo non paran e encántalles experimentar, á vez que o fan coa terra e elementos varios tamén traballan moitas cousiñas: tamaños, técnicas plásticas, conceptos, medicións... non vos contamos máis e mirade que non ten desperdicio!