miércoles, 7 de enero de 2015

OUTONO EN EXPLOSIÓN

Os peques de 4 e 5 anos ( e tamén os de 3 que están algúns no video) sairón das aulas para empregar os 5 sentidos e percibir o que estaba pasando na paisaxe coa chegada do outono; a partir de aí fixeron actividades de clasificación e tranformación. Ademais como xa sabemos que estivemos nos meses propicios para a recollida do millo, aproveitamos para coñecer como se recolle, debulla e traballar conceptos lóxico matemáticos e tamén letriñas con eles.

EXPERIMENTANDO COA TERRA EN 3 ANOS

Antes de comezar as clases deixamosvos unha pequena mostra do que os máis pequenos do cole estiveron facendo coa terra, dende logo non paran e encántalles experimentar, á vez que o fan coa terra e elementos varios tamén traballan moitas cousiñas: tamaños, técnicas plásticas, conceptos, medicións... non vos contamos máis e mirade que non ten desperdicio!